Rutas alternativas para chegar a Porto

 

Nas últimas semanas o Aeroporto de Porto recibiu por parte dos pasaxeiros galegos, numerosas peticións para esclarecer as alternativas existentes para chegar a este aeroporto, logo da implementación dos dispositivos de telepeaje nas autovías que levan a Porto.
Existen catro formas distintas de chegar ao aeroporto tal e como se pode observar no mapa:
1.- Trátase do camiño pola antiga estrada N-13. Non ten custos asociados e non require dispositivo electrónico. A duración estimada do traxecto é de 3horas.
2.- A utilización da A41 é a alternativa ideal para pasaxeiros que visitan o aeroporto frecuentemente. Ten un custo asociado de 8,4€ e unha duración estimada de 1h27m. Precisa a utilización de dispositivo electrónico.
3.- É a alternativa máis rápida para o aeroporto de Porto. A duración deste traxecto é de 1h15min. Con todo, é o camiño que supón un maior custo, 17,4€, e require tamén a utilización de dispositivo electrónico.
4.- Esta hipótese non necesita dispositivo electrónico pero si leva a obrigación de pagar a peaxe normal, cun custo de 15,7€. A duración estimada para este traxecto é de 1h30min. Ten como inconveniente a utilización da circunvalación interna do Porto, que, durante primeiras horas da mañá e última hora da tarde, está suxeita ao congestionamiento de tráfico.
Nota 1: Os custos asociados son de ida e volta.
Nota 2: Os tempos foron calculados de acordo coa velocidade máxima regulamentaria para estas estradas para un único traxecto.
Nota 3: A información sobre os procedementos de adquisición de dispositivos electrónicos deberá ser consultada en:

http://www.estradas.pt (menú peaxes)

http://www.estradasdeportugal.pt/

http://www.estradasdeportugal.pt/index.php/pt/noticias/446-ligue-808-210-000-e-esclareca-todas-as-duvidas-sobre-as-novas-portagens

No número de teléfono: 351808210000