Porto supera os 5M de pasaxeiros

Crece un 9,4% en outubro superando os 500.000 pasaxeiros

O aeroporto de Porto rexistrou o pasado outubro a súa mellor marca neste mes e fixo historia con 503.971 pasaxeiros procesados e 5.058 movementos, o que supón un extraordinario crecemento do 9,4% e 6,5% respectivamente, fronte ao período homólogo do ano anterior. Trátase do mellor resultado rexistrado en outubro, superando en 43.290 pasaxeiros a cifra rexistrada no mesmo período de 2010.

No que respecta ao total acumulado mantense a tendencia dos meses anteriores constatándose un crecemento de 16,5%, cun total de 5.197.036 pasaxeiros, 737.748 usuarios máis que en outubro de 2010.

Hai que destacar que o pasado 19 de outubro o Aeroporto de Porto superou os 5M de pasaxeiros, cifra que, en 2010, foi alcanzada por primeira vez na historia do aeroporto, o 15 de decembro.

Durante o mes de outubro, as compañías aéreas que máis se destacaron foron Air Transat( 46,2%), seguida de Ryanair ( 33,8%) e Brussels Airlines (19,8%). París, con 76.769 pasaxeiros, Frankfurt, con 40.093 e Madrid, con 38.168, volven ser os destinos preferidos polos usuarios do aeroporto luso.

Novidades

Entre os días 6 e 12 de outubro,  o Sá Carneiro celebrou na sala de recollida de equipaxe a "Festa da vendima" ofrecendo aos turistas unha cata de viños e a tradicional pisa de uvas, promovendo desta forma a cultura vinícola de Portugal.
O 15 de outubro, a nova terminal do aeroporto celebrou os seus 6 anos de existencia.