Máis rutas desde Porto a Londres con Ryanair
Mércores 18 de Agosto de 2010 09:03
A compañía aérea de baixo custo Ryanair engadirá novas rutas a Londres desde Porto (e tamén Faro) a partir do 31 de outubro de 2010, reforzando así os enlaces coa capital inglesa.
Desde a cidade do norte de Portugal poderase viaxar cunha tarifa inicial desde 19,99? que xa se atopa dispoñible en www.ryanair.com
A ruta a Londres (Gatwick) terá desde Porto 5 frecuencias semanais mentres que desde Faro Ryanair voará 4 veces por semana.