Exposición "Debuxo O Porto - Avións e Máquinas voadoras"

 

Como vén sendo habitual, o aeroporto de Porto colabora na promoción do "Festival Mundial de Debuxo do Porto". Nesta 12º edición o tema escolleito fué "Avións e máquinas voadoras".

Considerada a nivel mundial unha das mostras máis importantes de humor e caricatura, contou este ano coa participación de 2.000 traballos de 600 debuxantes de 72 paises.

O vencedor do Gran Premio fué Jerzy Gluszex de Polonia.

A exposición estará aberta ao público na área de chegadas (planta baixa) a partir do día 24 de xullo ata finais de setembro.